Concello de Vilagarcía vén de convocar as probas de selección para a provisión de prazas que están vacantes e pendentes de ser cubertas incluídas nas ofertas de emprego de 2002 a 2005. Trátase de corenta prazas de todas as categorías.
Na meirande parte dos casos o procedemento a seguir será o de concurso-oposición, salvo nas catro prazas da policía local, que serán cubertas por oposición libre. Ademais destas corenta prazas, o Concello vén de convocar tamén unha de arquitecto, polo sistema de concurso-oposición libre no marco de Consolidación de Emprego Temporal.
O cadro de persoal conta coa aprobación do pleno da corporación municipal.O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partires da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado. Finalizado o prazo de presentación de instancia, a alcaldía emitirá resolución aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos con especificación, no seu caso, dos motivos de exclusión.

A convocatoria e as bases poden ser consultadas no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es.
A traverso deste soporte, se ofrece toda a información relativa ás condicións que deben acreditar os aspirantes así como prazos e características dos exercicios a realizar. Relación de prazas As prazas son as seguintes: un arquitecto, un técnico de comunicación, publicacións e arquivos, un técnico de xestión e administración financeira, un axente de recadación, sete prazas de auxiliar de administración xeral, dúas prazas de auxiliar técnico informático, catro de auxiliar axudante sociocultural, unha de auxiliar de arquivos, unha de auxiliar de protocolo, catro de garda da policía local, unha de encargado, unha de oficial de rega/fontaneiro, unha de condutor maquinista, unha de axudante carpinteiro, tres de operario albanel, unha de operario sepultureiro, oito de operario de servizos, unha de subalterno e unha de alguacil-porteiro.

O acordo de convocar os concursos para cubrir a oferta de emprego público xa é de coñecemento dos grupos da oposición que nalgún caso xa empezaron a análise da convocatoria e anuncian as súas reservas respecto da mesma.A súa crítica basease no feito de que se lle dea carácter fixo a persoal que foi contratado no seu día en calidade de cargos de confianza do actual alcalde e, neste sentido, consideran que non é adecuado que manteñan o mesmo posto en caso de que cambie a alcaldía. Desde as filas da oposición tamén critican o feito de que esta convocatoria se produza a tan só oito meses das eleccións municipais nas que, por outra banda, Javier Gago non se vai presentar.
Fuente:La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario